Nudesa
Nudesa é coñecida por fabricar peso, pero, ademais, produce e cría leitóns. No ano 1986, buscando o desenvolvemento de zonas rurais e coa finalidade de axudar á súa clientela, Nudesa foi pioneira, sendo a primeira empresa en Galiza en traballar no sistema de granxas integradas.
As integracións son instalacións propiedade dun gandeiros nas que se cría gando porcino de Nudesa, achegándolles, ademais do gando e penso, servizos como asesoría técnica e de nutrición, servizos veterinarios, control hixiénico-sanitario das instalacións, servizos de enxeñería e venda das instalacións porcinas. A día de hoxe, Nudesa conta con 5 granxas de porcas nais propias e máis de 140 integradas.
Falamos con Paz Mato e Vicente Dacosta, quen se encaran da parte burocrática das granxas integradas.
Canto tempo levades en Nudesa e cales son as vosas funcións?
Paz: Eu empecei no 1995, contratada primeiro en EXPOCAR, unha empresa vinculada a Nudesa, creada polos socios Carlos Fondevila, Alfonso Mato y José María Rey, para levar as integracións, e xestionada por Ismael Domínguez. Contratáronme cando comezaron as exportacións a Portugal.
En 1999, Nudesa absorbeu esta empresa e viñemos todo o equipo ás oficinas localizadas en Margaride. Dende entón, encárgome de xestionar a documentación esixida para o movemento de animais a través de dúas plataformas dixitais: OVGAN para movementos nacionais, e a plataforma dixital desenvolta pola Comisión Europea, TRACES NT, para os movementos intracomunitarios.
Vicente: Eu comecei no 2010 en Portugal, xa que era onde se necesitaba máis apoio. Logo, en 2015 vin para as oficina de Silleda. No departamento de produción porcina somos 10 persoas; Paz e eu realizamos a organización e soporte administrativo.
Ademais, tamén axudamos aos clientes coas xestións necesarias para comercializar os seus animais e, cando o precisan, empregan a nosa infraestrutura para comercializalos, conseguindo mellores condicións que as que terían eles de xeito individual. Somos coma unha central de vendas.
Que desafíos afronta o sector en termos de produtividade ou sostibilidade?
Vicente: O aumento do prezo dos insumos; é esencial ter unha boa bioseguridade, pero ten un custo elevado. Amezas de enfermidades como PRRS, PPS etc.
Paz: A nivel de sustentabilidade, os puntos críticos seguen sendo o manexo de xurros e residuos, as novas regulacións sobre emisións, uso de auga e benestar animal. Como pasa en todos os sectores, tamén a escaseza de man de obra, xa que é difícil conseguir persoal.
Cales son os principais beneficios de traballar o modelo de integración?
Paz: O gandeiro ten moitos: O investimento inicial é menor; non precisa compra xenética, alimento, nin medicamentos; asegúrase uns ingresos estables xa que é Nudesa a que asume o risco dos prezos; dámoslles asesoramento constante por parte dos veterinarios/as e ténicos/as; axudámoslle tanto a deseñar as instalacións como na compra de material; brindámoslle asesoramento no manexo e en todo o que precisen.
Vicente: As granxas son unha fonte fundamental de ingresos e emprego no rural galego. Moitas familias dependen directamente da actividade agraria e gandeira para vivir, sen ela, a xente emigra ás cidades, o que leva ao abandono de aldeas e o deterioro do rural. Ademais, unha gandería ben xestionada é compatible coa conservación do medio natural.
Que consello darían a alguén que está comezando no manexo dunha granxa porcina?
Paz: Que se asesore ben, nós facémolo de xeito gratuíto aos que queiran unirse a nós e acompañámolo en todo o proceso. É un traballo estable, hai moitos gandeiros que teñen un traballo principal e o coidado do gando como unha actividade secundaria.
Vicente: A flexibilidade horaria permite tanto a conciliación laboral como persoal; de feito, eu teño unha granxa integrada con Nudesa. O traballo é cuestión de observación, non é necesaria moita formación porque sempre tes aos profesionais de Nudesa que te axudan no que precises.
Segue a Nudesa nas redes sociais! @nudesa_piensos

