Novo convenio de AGOAAP

AGOAAP

AGOAAP (Asociación Galega de Operadoras Artesanais de Alimentación e Pensos) acaba de asinar  un convenio de colaboración coa entidade Slow Food, en Compostela o 7 de maio de 2025.

O acordo foi formalizado da man da presidenta de Slow Food Compostela, Leonor Lorenzo Abalo, e do presidente de AGOAAP, J. Carlos Brea Pallares.

No convenio de colaboración, os obxectivos son: fomentar a colaboración activa entre produtores/as e elaboradores/as para poñer en valor os produtos locais, tanto no seu estado natural como transformado; desenvolver conxuntamente accións de formación, divulgación, promoción e comercialización; crear unha rede estable de intercambio, apoio mutuo e aprendizaxe compartida e potenciar a visibilidade do sector agroalimentario e artesanal local, así como os valores do rural galego.

E as liñas de colaboración son: formación, divulgación e visibilización, apoio mutuo, comercialización, manuais prácticos colaborativos e proxectos financiados conxuntamente

Os presidentes de AGOAAP e Slow Food Compostela asinando o convenio

Slow Food Compostela é unha asociación ecogastronómica que promove unha “nova gastronomía” entendida como expresión da identidade e a cultura, dende un enfoque multidisciplinar que defende o pracer vinculado ao alimento, reflexiona sobre a educación do gusto e o dereito ao goce cun novo sentido de responsabilidade, tendo en conta o equilibrio co ecosistema, a defensa da biodiversidade agroalimentaria e o compromiso ético cos produtores.

Por outra banda, o comezo do camiño da Artesanía Alimentaria en Galicia comezou no ano 2019 ca publicación no DOGA do Decreto 174/2019, poñéndose as bases do novo selo de calidade. Comezou a andaina coa publicación das primeiras 14 normas técnicas na Orde do 16 de febreiro do 2022, e agora veñen de publicarse 12 novas normas técnicas na Orde do 11 de abril do 2025, nesta Orde publicáronse as seguintes normas técnicas: manteiga, vermú, vinagre de viño, licores, augardentes e outras bebidas espirituosas, vinagre de sidra, zumes, hidromel, pan, empanadas, fariñas, conservas e derivados da helicicultura e comidas preparadas

Para a inscrición do rexistro de artesáns hai que cubrir os procedementos MR400A e MR400B e pagar unha taxa.

Para máis información, contacta con AGOAAP mediante o mail info@agoaap.org, ou no número de teléfono 636.793.390, en instagram @agoaap.

Deixa unha resposta