Embutidos Lalinense
Hai cousas que non deberían cambiar nunca, e o ritual dun bo cocido galego é unha delas. Se algo define a Embutidos Lalinense, empresa familiar radicada en Lalín dende 1949, é a procura constante de que a tradición se adapte ao ritmo de vida actual. Especializados no proceso de salgado, curación e afumado das carnes do cocido, levan décadas perfeccionando os seus produtos para que a máxima calidade sexa unha realidade diaria na mesa, incluso para quen non dispón de moito tempo para cociñar. E así o validan clientes desde a cociña dunha aldea no rural de Galicia ata a dun restaurante con Estrela Michelin.
A conserva de Cocido Galego non é un prato precociñado, nin leva conservantes: é o resultado de anos de innovación aplicada ao produto artesán. Seleccionan os mellores ingredientes: carnes de primeira (lacón, chourizo, panceta), da horta galega (grelos de temporada e patacas) e garavanzos con denominación de orixe. O resultado final é un prato que sorprende pola súa fidelidade ao cocido de sempre. A conserva de Cocido Galego de Embutidos Lalinense, cun formato de case 2 kg de peso, pode atoparse tanto en tendas físicas como online.
Excelencia no produto e tendas propias que deben coñecerse
A oferta gastronómica de Embutidos Lalinense non remata nos produtos para a elaboración do cocido, e pode corroborarse coas máis de cen referencias en carne fresca, salgada, curada, embutidos, friames cocidos (cabeza prensada, orella, lacón, lacón con grelos), asados… aos que se suman produtos únicos no mercado como os laconcitos 100% Duroc ou o xamón Gran Reserva Amancio.
Ademais da tenda de Lalín, Embutidos Lalinense conta cunha anovada tenda en Agruchave que exemplifica que no rural galego se pode atopar unha charcutaría que chama a atención en canto a deseño das instalacións e oferta de produtos.
Onde atopalos: De Lalín ao mundo
Embutidos Lalinense esténdese non só por toda a xeografía galega, senón tamén por todo o territorio nacional e por varios países europeos. Teñen dous puntos de venda propios con tendas en Lalín e Agruchave, e online a través da súa web www.embutidoslalinense.com
Distribución total: Grazas a unha rede loxística eficiente, os seus produtos están presentes nas mellores charcutarías, tendas e superficies de toda Galicia. Conta tamén cunha forte implantación na hostelaría galega.
A formación é outra das constantes na Gastroteca que a empresa ten en Agruchave, onde se imparten obradoiros e charlas relacionadas coa saúde e a gastronomía.

