Somos o xerme da que hoxe se coñece internancionalmente como Semana Verde. A cita feiral por excelencia de Silleda e, por extensión, o seu recinto, referente no noroeste peninsular, naceu do traballo e empeño por impulsar e facer valer o rural dun grupo de gandeiros e gandeiras, veciños e veciñas, que a finais da década dos setenta impulsaron o primeiro certame dedicado ao sector primario. Aquel equipo, constituído pouco tempo despois como Asociación Ferial Semana Verde, seguíu traballando e o colectivo ségueo facendo hoxe co mesmo obxectivo: por en valor o medio rural en toda a súa dimensión económica, cultural e social.