Concurso "As Feiras Tradicionais Galegas"

É un concurso literario dunha entrevista interxeracional, sendo o alumno ou alumna o que plantexe as preguntas a unha persoa de maior idade, por exemplo neto/a a un avó ou avoa e coa temática  das feiras e mercados tradicionais que había en Galicia. De xeito que a persoa entrevistada explique aspectos relacionados co desenvolvemento deste tipo de mercados e o modo de vida en xeral de antano. Poderán participar todo o alumnado da ESO de Galicia e terá que ser en galego, anónimo e inédito.

Os premios consistirán en agasallos por valor de 500€, 300€ e 200€ os tres primeiros clasificados. Así como unha saída didáctica para a clase do gañador ao Mosteiro de Carboeiro, Feira Semana Verde e Museo do Campo (incluído autobús). Ademais aos centros dos 3 finalistas entregaráselle un vale para unha visita guiada ao Museo Etnográfico Casa do Patrón cun obradorio para o primeiro clasificado. Un vale para a entrada ao Museo do Mel O Enredo do Abelleiro con obradoiro para o segundo e un vale para a entrada ao Museo do Campo para o terceiro.

A entrega de premios faráse coincidindo co a inaguración da Feira Internacional Semana Verde  e agasallarase a clase dos gañadores e outros premiados con unha comida das festas gastronómicas locais. Neses días tamén se pretende facer no Museo do Campo e a Mecanización unha exposición de fotografías antigas das feiras de Galicia en especial da Semana Verde.

Obxetivos

  • Incentivar as relacións entre as distintas xeracións.  Actualmente, vivimos nun mundo dixitalizado e os nenos/as necesitan relacionarse e comunicarse con outras persoas para intercambiar vivencias, experiencias, opinións…
  • Fomentar nos/nas adolescentes o gusto polas actividades literarias, contribuíndo a unha mellor expresión escrita.
  • Incentivar o uso do galego.
  • Coñecer as súas orixes, de maneira que sexan os seus avós/avoas os/as que llle conten historias ou anécdotas que viviron na súa mocidade. Desta maneira os nenos/as poderán ver as diferenzas e valorar a evolución acontecida nos últimos anos.
  • Pór en valor o medio rural galego, as terras do interior do país e a historia das feiras galegas, en concreto da Semana Verde.
  • Dar a coñecer algúns dos lugares de interese que temos na Galicia Central.

Gañadores

  • 1º Premio: Sara Bouso Caldeira (IES San Rosendo de Mondoñedo)
  • 2º Premio: Fernando Seco Sánchez (IES San Rosendo de Mondoñedo)
  • 3º Premio: Matías Días Otero (IES San Rosendo de Mondoñedo)
Fernando, Sara e Matías coa profesora Aurita