Culinaria consolídase como a maior empresa de restauración colectiva de Galicia  

Culinaria

Con máis de 20 anos de experiencia e unha clara vocación social, a compañía galega elabora 15 millóns de pratos ao ano. Crea e serve menús saborosos, variados e equilibrados, adaptados a cada idade, ás preferencias culinarias galegas e ás necesidades nutricionais, dietéticas ou clínicas específicas de cada persoa, demostrando que comer san tamén pode ser delicioso.

Desde a súa innovadora planta de produción en Silleda, no corazón de Galicia,

Culinaria combina a cociña tradicional con sistemas de conservación de última xeración. Conta cun equipo de máis de 250 profesionais altamente especializado e comprometido e unha sólida rede de transporte que lle permite chegar a calquera punto de Galicia, mesmo en condicións adversas. Estas son as claves do seu éxito.

En Culinaria cocíñase como se fixo toda a vida. A súa base son receitas tradicionais e materias primas de alta calidade: con froitas, verduras e hortalizas de tempada, xunto a unha coidada selección de peixes e carnes de primeira, evocando o sabor auténtico da cociña galega, sen conservantes nin aditivos e cun enfoque dietético e nutricional rigoroso. A empresa mantén un firme compromiso coa contorna, apostando por produtores de proximidade: o 90 % dos seus provedores son galegos.

Destacable especialmente é a prestación do servizo Xantar na Casa, xestionado pola Xunta de Galicia en colaboración con 180 concellos, que atende diariamente a máis de 2.500 persoas maiores ou en situación de dependencia. Os usuarios reciben nos seus domicilios a visita dos repartidores que lle entregan a comida adaptada ás súas necesidades específicas, ofrecen acompañamento, apoio emocional e prevención en saúde, contribuíndo así combater a soidade e mellorar a calidade de vida destas persoas. Este servizo foi valorado cun 8 sobre 10.

UNHA RESPOSTA PARA CADA NECESIDADE

  • Culinaria Xerocatering: servizos para persoas maiores en comedores colectivos, centros de día, residencias, casas do maior…, públicos e privados.
  • Xantar na Casa: comida a domicilio para persoas maiores (público)
  • Menú Sénior: comida a domicilio para persoas maiores (privado).
  • Menú Atlántico: pratos listos para degustar por todos os públicos. Ámbito profesional no sector hostaleiro e distribución.
  • Menú Kids: Servizos para escolas infantís.
Insralacións de Culinaria en Silleda

Deixa unha resposta