É un concurso literario dunha entrevista interxeracional, sendo o alumno ou alumna o que plantexe as preguntas a unha persoa de maior idade, por exemplo neto/a a un avó ou avoa e coa temática das feiras e mercados tradicionais que había en Galicia. De xeito que a persoa entrevistada explique aspectos relacionados co desenvolvemento deste tipo de mercados e o modo de vida en xeral de antano. Poderán participar todo o alumnado da ESO de Galicia e terá que ser en galego, anónimo e inédito.
Os premios consistirán en agasallos por valor de 500€, 300€ e 200€ os tres primeiros clasificados. O centro do gañador acadará como galardón un vale para unha saída didáctica ao Mosteiro de Carboeiro e ao Museo do Campo e a Mecanización, en Silleda. Ao centro do segundo clasificado entregaráselle un vale para unha visita guiada ao Museo Etnográfico Casa do Patrón de Codeseda (Lalín), cun obradoiro de cerámica prehistórica. Ao centro do terceiro clasificado daráselle un vale para a entrada ao Museo do Mel O Enredo do Abelleiro en Portodemouros (Arzúa), cun obradoiro. En tódolos casos cun máximo de 30 alumnos para gozar no vindeiro curso lectivo.
A entrega de premios farase no certame da 48ª Feira Internacional Semana Verde. Neses días tamén se pretende facer no Museo do Campo e a Mecanización unha exposición de fotografías antigas das feiras de Galicia en especial da Semana Verde.
Obxetivos
- Incentivar as relacións entre as distintas xeracións. Actualmente, vivimos nun mundo dixitalizado e os nenos/as necesitan relacionarse e comunicarse con outras persoas para intercambiar vivencias, experiencias, opinións…
- Fomentar nos/nas adolescentes o gusto polas actividades literarias, contribuíndo a unha mellor expresión escrita.
- Coñecer as súas orixes, de maneira que sexan os seus avós/avoas os/as que lle conten historias ou anécdotas que viviron na súa mocidade. Desta maneira os nenos/as poderán ver as diferenzas e valorar a evolución acontecida nos últimos anos.
- Pór en valor o medio rural, as terras do interior do país e a historia da Semana Verde.
- Dar a coñecer algúns dos lugares de interese que temos na Galicia Central.
Gañadores do I Concurso
- 1º Premio: Sara Bouso Caldeira (IES San Rosendo de Mondoñedo)
- 2º Premio: Fernando Seco Sánchez (IES San Rosendo de Mondoñedo)
- 3º Premio: Matías Días Otero (IES San Rosendo de Mondoñedo)

