Alfredo Abeledo Penas
Continuando co paseo que estamos a realizar nas últimas entregas do boletín para descubrir os recunchos do Museo do Campo e a Mecanización detémonos agora na historia dos hórreos. Tal e como se pode ler no atril que está na cabeceira da colección, a orixe do termo hórreo remítenos ao latín horreum, que designaba a un edificio no que se gardaban os froitos do campo.
A primeira representación gráfica dun hórreo remóntanos ata o século XIII nas Cantigas de Santa María, atribuídas a Alfonso X O Sabio. os seus comezos e mailo o uso dos graneiros aéreos en Galicia, ou palafitos, vai xunguido ao cultivo do “mijo”, que se practicaba na cultura dos castros, cultivo que durou ata o idade media e que foi substituído polo cultivo do “millo” cando foi traído a Europa no S.XVII.
En Galicia conviven tres tipoloxías básicas de hórreos: o tipo galego, o tipo asturiano e o tipo de varas, elaborado este con materiais vexetais. No Museo do Campo e a Mecanización podemos atopar vinte e seis hórreos sacados dos orixinais por Juan Gómez e están colocados segundo o lugar onde aparecen, de maneira , que como di Manuel Iglesias, están postos dende a cabeceira como si se viran desde o Sur de Galicia , así pódense guiar como se colocase unha liña no medio dividindo o espacio entre os hórreos do occidente e do oriente, liña que coincide co “pasillo” ou corredor central. Os primeiros serían os de Tomiño e Tui, e os últimos serían os de, A Fonsagrada ou Ribadeo, por poñer un exemplo.
Os máis parecidos aos da Comarca de Deza son os do estilo do Piorno ou os de Pontevedra, pensando nos Tornarratos ou na Madeira que levan, asi como nas figuras que aparecen representadas nos cumios, que son a Fálica e a Cruz, que representan a abundancia e a protección da relixión. Tamén teñen algo semellante nos balagustos de madeira, que na nosa zona chámanlle “Claros”.
Unha cousa que sempre me preocupou foi a de cal seria o hórreo máis grande de Galicia, despois de ver algúns da zona, e resultou que aquí témolos , pero dos mais grandes do mundo. Todo un récord. Vai resultar que o máis longo do mundo do estilo de Noia, pois están feitos en pedra de cantería, é o de Rianxo, para ser máis precisos, o do Araño, pois alí está asentado. Exactamente 37,05 metros de longo por 2,40 de ancho.. En canto a cal é máis grande, o de Lira ou de Carnota,dicir que os dous foron deseñados por Gegorio Quintela no século XVIII e miden 36,53 metros e 34 respectivamente. Non hai dúbida pois.Estes dous foron deseñados por encargo ó mesmo arquitecto e están declarados como bens de interese cultural se ben o de Carnota foi declarado Monumento Nacional pola súa simboloxía, conservación e arquitectura.
En canto o máis ancho, temos o que está detrás do Mosteiro de Poio a quen pentence, e cunha lonxitude de 33,46 metros ten unha anchura de 3,37 metros sobe 51 pés en fila de tres cun tellado de 4 augas.
Ver estes catro ben merece una visita obrigada despois de ver os Hórreos do Museo para ter una referencia exacta.

