Dona Cobiña, uns queixos que conquistan podios

Cobideza

A Queixería Dona Cobiña conseguiu unha medalla de prata na categoría ‘Vaca curado leite pasteurizada’. Acadou este galardón nun panel de 65 xuíces elixiron entre 100 queixos finalistas (5 por categoría) de entre as máis de 800 mostras presentadas.

O presidente da Cooperativa Cobideza, Jesús Manteiga, e a xestora de Dona Cobiña, María Manteiga, foron os encargados de recoller o premio no Plató Gourmets, e ambos destacaron que para a Cooperativa e Queixería é “unha honra que ás poucas semanas de sacar este produto, xa teña un galardón e se recoñeza dalgún xeito o labor realizado”.

María Manteiga indica que este queixo destaca “polo seu sabor e a súa calidade”, que vai na liña dos produtos de Dona Cobiña. E explica que decidiron apostar por un curado “porque era algo que nos faltaba na nosa oferta e polo que moitos clientes nos preguntaba”.

Segundo premio para o queixo de vaca curado leite pasteurizada

Outros galardóns

Tamén no mes de novembro, a Quexería celebrou o bronce que obtivo no World Cheese Awards para o queixo ecolóxico. Trátase dun dos certames internacionais máis pretixosos do sector. 

Xa no mes de agosto, o tetilla ecolóxico obtivo dobre galardón  no Arniu Cheese Fest, celebrado en Ribera de Arriba (Asturias). Por unha banda, recibiu o Arniu de Ouro ao mellor queixo “xove” de vaca e, pola outra, o premio especial ao mellor queixo de leite ecolóxico.

Todos estes galardóns súmanse aos que noutras edicións foron recollendo. Tanto para a queixaría como para a cooperativa supoñen un impulso ao traballo que levan a cabo durante todo o ano e anímaos a seguir incrementando a variedade de produtos que ofertan.

Deixa unha resposta