Neste momento estás a ver A Asociación Feiral renova directiva para os próximos cinco anos

A Asociación Feiral renova directiva para os próximos cinco anos

A Asociación Feiral Semana Verde de Galicia funciona dende o pasado verán con nova xunta directiva, un equipo de once persoas que xa traballa cun obxectivo principal: achegarse aínda máis aos veciños e veciñas así como a outras asociacións e colectivos da Galicia Central. O novo equipo foi proclamado nunha asemblea ordinaria, logo de que non se presentase ningunha outra candidatura.

José Luís Rodríguez Barreiro continúa na Presidencia dun renovado equipo con dúas vicepresidencias: a primeira, asumida por Manuel Iglesias Pérez e a segunda, por Ana Luísa González Costa. O labor de Secretaría pasa a mans de Blanca Paz Muíños e o de Tesourería, ás de Daniel Carnoto Espiño. Completan o equipo seis vogais: Alfonso Mato Rial, Antonio Albino Nercellas Rodríguez, José Iglesias Rodríguez, Ramón González Italiani, Luis Juan Arceo López e Lucía Nercellas Torres. 

“Estes cinco anos teñen que ser un revulsivo para a asociación”, afirma a directiva. Traballar conxuntamente cos distintos sectores sociais e establecer sinerxías, incrementar a súa presenza e ofrecer máis vantaxes aos socios e socias son as encomendas fundamentais neste mandato, durante o que, precisamente, se cumprirán 50 anos da cita feiral por excelencia na capital trasdezá. 

A nova directiva agradece o labor desinteresado do equipo saínte, así como a súa contribución para traballar a prol de Silleda e a súa contorna, da súa actividade feiral e do impulso da vida social, cultural e empresarial do rural. 

As persoas interesadas en asociarse ao colectivo e gozar das súas vantaxes poden contactar no número de teléfono 692452996,no correo electrónico asociacionfeiral@afeiral.com  ou acudir persoalmente ás súas oficinas.