Museo do Campo e da Mecanización: Os xugos galegos

Alfredo Abeledo Penas

Os xugos da sala dos carros 

Continuando na sala dos carros, na que nos detivemos no anterior número, hai algo que vai sempre da man destes, xunguidos aos animais. Son coma o medio de transmisión entre o carro e o animal de tiro. Sen el ningún destes elementos por si só daría feito nada. Efectivamente, estamos a falar dos xugos, que segundo a Academia da Lingua é un aparello de madeira constituído por varias pezas ao que se suxeita polo pescozo, ou pola cabeza, unha parella de animais de tiro para enganchalos ao carro ou ao arado.

Nesta sala hai moitos e son una resposta á variada tipoloxía existente en Galicia.

Tipos de xugos galegos

Tipoloxía

Observando os animais que tiran del, ben para sachar ou quitar as malas herbas, o xugo é máis longo, pois mide 1,5 metros. Para tirar do carro  por dúas vacas  (ou bois), cun xugo de carro, este é máis pequeno, (un metro  máis ou menos). Tamén os hai para un só animal, sobre todo nas terras do viño, mais a tipoloxía é a mesma.

Na  última clasificación,  e segundo o  lugar onde se usa, está o  que se  coñece coma o xugo galego ou de cangallas que tamén, dito sexa de paso, é o do Deza. O portugués ou do sur de Galicia, chamado de cancís  é tirado por dous animais  onde  as cangallas son dunha peza de madeira, e para rematar, o chamado castelán ou de molida, que é enganchado á cabeza dos animais, que por certo, levan un protector para a caluga. A este tamén lle chaman o xugo cornal derivado da palabra cornos,   que son os que realmente tiran do carro ou o arado.

Toda unha sutileza dos nosos paisanos, que empregaban un xugo para cada caso. Vale a pena velos. Canta intelixencia!

Xugo de cangallas, tamén chamado galego
Xugo con protector da caluga

Deixa unha resposta