Concello de Silleda
Hai ausencias que non desaparecen co tempo. Durante décadas, o tímpano da igrexa do Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro amosou dúas feridas abertas: as esculturas románicas que un día formaron parte da súa portada principal desapareceran, deixando tras de si un baleiro físico e simbólico. Agora ese baleiro comeza a encherse.
O pasado 20 de febreiro, as dúas figuras -un Pantocrátor e outra que representa a San Lucas e San Juan- regresaron a Galicia e poden visitarse dende entón no Museo das Peregrinacións de Santiago, nunha parada que non é final, senón parte dun proceso que apunta cara ao seu desexo último: volver ao lugar do que nunca deberon saír.
Para entender a importancia deste regreso hai que retroceder no tempo.
A finais dos anos cincuenta, no contexto do abandono e deterioro do mosteiro, produciuse a subtracción das esculturas do tímpano, xunto con outras pezas do conxunto. Durante décadas, cun espolio que afectou a máis elementos do conxunto monacal, aquelas pezas desapareceron do tímpano da porta Occidente, converténdose nun símbolo do espolio patrimonial que sufriu Carboeiro.
Co paso dos anos, sóubose que as figuras remataran en Barcelona. En 1980, foron adquiridas polo Museo Frederic Marès, onde pasaron a formar parte da súa colección.
O seu paradoiro era coñecido, e mesmo houbo intentos de reclamación. Xa no ano 2006, a Mancomunidade Terras do Deza aprobou por unanimidade unha moción para solicitar a súa devolución. En 2017, a raíz doutros procesos de restitución patrimonial en España, como o caso Sijena, reactivouse o debate.
Mais faltaba algo esencial: probar que aquelas esculturas foran arrincadas de maneira ilegal.
O documento que cambiou todo
Ese xiro chegou da man do historiador Francisco Prado-Vilar a principios de 2023. A súa investigación permitiu localizar documentación en arquivos oficiais que acreditaba a subtracción ilegal das pezas. Cartas e expedientes que demostraban que as esculturas foran retiradas de Carboeiro nun proceso irregular a finais dos anos cincuenta. Ese achado marcou un antes e un despois na volta das dúas esculturas.
A partir dese momento, a reclamación deixou de ser unha cuestión simbólica para converterse nunha demanda con base xurídica sólida. O camiño cara á devolución quedaba aberto.
Dende o Concello de Silleda sublíñase o papel “fundamental” deste traballo de investigación, que permitiu activar definitivamente o proceso institucional. O acordo que permitiu o regreso das esculturas non se entende sen a implicación de distintas administracións.
A alcaldesa, Paula Fernández, destaca que a colaboración institucional foi “clave” para facer realidade este fito, demostrando que a cooperación entre institucións é imprescindible para afrontar procesos complexos de recuperación patrimonial.
O retorno das pezas foi valorado polo Concello de Silleda como unha “xornada histórica” para Galicia e, en especial, para Silleda e a súa comarca.
A chegada das esculturas ao Museo das Peregrinacións non supón o final da historia. Para o Concello, o obxectivo segue sendo claro: que as pezas regresen definitivamente ao Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro.
“Contentos, pero co obxectivo claro: Carboeiro”, resume a rexedora, que insiste na necesidade de recuperar a lectura completa do conxunto románico e restituír o vínculo entre as esculturas e o seu espazo orixinal. Ese regreso definitivo pasa, inevitablemente, pola posta en valor do mosteiro.
Carboeiro, declarado Monumento Histórico-Artístico en 1931 e Ben de Interese Cultural, segue a ser un dos grandes referentes do románico galego. Mais tamén presenta importantes carencias: problemas de conservación, zonas con risco e, de maneira especialmente significativa, a ausencia de subministración eléctrica.
Plan urxente
Dende o Concello reclámase un plan urxente de conservación e musealización, que permita garantir as condicións necesarias para acoller as pezas e ofrecer unha experiencia de visita acorde ao valor do monumento. Hai imaxes que falan por si soas. Durante anos, o tímpano de Carboeiro mostrou dúas ausencias que resumían unha historia de perda.
Agora esas pedras están de volta en Galicia. E con elas, regresa algo máis que dúas esculturas: volve unha parte da memoria, da identidade e da dignidade dun dos enclaves máis emblemáticos do patrimonio galego. Porque, ás veces, restaurar un monumento non é só reconstruír o que se ve. É recuperar o que nunca debería perderse.
Este retorno é importantísimo porque en Carboeiro ten contexto arquitectónico, pero hai moi pouca escultura. As esculturas non deben saír outra vez de Galicia; o ideal é que unha vez que haxa unhas condicións museográficas axeitadas no mosteiro de Carboeiro, poidan expoñerse alí xunto cun discurso museográfico no que se fale de todos os que estudaron ese mosteiro.