Culinaria
Dende Silleda, no corazón rural galego, Culinaria consolidouse como unha das compañías de referencia en Galicia, desenvolvendo un xeito propio de entender os servizos de alimentación que integra tradición gastronómica, innovación tecnolóxica, sustentabilidade e compromiso co territorio. Culinaria mantivo unha evolución constante, tanto en capacidade de servizo como en desenvolvemento tecnolóxico, alcanzando actualmente unha atención próxima aos 12.000 comensais diarios. Esta traxectoria responde a unha estratexia baseada na mellora continua, o investimento en innovación e a capacidade de adaptación ás necesidades reais de centros educativos, organismos públicos, entidades sociais e persoas nos seus propios fogares.
Pero o xeito de facer de Culinaria vai máis aló da alimentación. A empresa mantén unha forte vinculación co territorio, xerando emprego estable no rural galego e traballando principalmente con provedores de proximidade e produtos de tempada. Unha aposta que contribúe a dinamizar a economía local e a manter actividade na contorna rural. Porque coidar ás persoas e coidar o territorio no que viven son dúas caras do mesmo compromiso.
Innovación
Nos últimos anos, a compañía impulsou un importante proceso de modernización de instalacións e dixitalización de procesos, incorporando sistemas de rastrexabilidade en tempo real que permiten supervisar cada fase de elaboración, desde a recepción de materias primas ata a entrega final. Esta tecnoloxía reforza a seguridade alimentaria, mellora a capacidade de resposta e garante un control exhaustivo da calidade.
A base de todo iso é unha cociña natural e equilibrada, elaborada con receitas tradicionais e ingredientes frescos coidadosamente seleccionados, priorizando sempre o produto de proximidade e de tempada. Esta forma de cociñar, próxima, permite responder as necesidades reais de cada persoa: con procesos estandarizados, solucións individualizadas e un compromiso firme coa calidade nutricional, a seguridade alimentaria e o benestar cotián de quen é atendidos.
Baixo esta mesma filosofía de coidado, proximidade e innovación, Culinaria desenvolveu ademais unha liña de quinta gama que achega receitas tradicionais galegas a supermercados e restauración, mantendo o sabor, a calidade nutricional e as máximas garantías de conservación e seguridade alimentaria.
Eficiencia
A sustentabilidade constitúe outro dos piares estratéxicos da compañía. Os recentes investimentos en ampliación e modernización de instalacións permitiron avanzar en eficiencia enerxética, optimización de recursos e redución do impacto ambiental. En 2025, ademais, Culinaria deu un paso máis ao abastecerse exclusivamente de enerxía procedente de fontes renovables.
A innovación aplicada á seguridade sanitaria constitúe outra das áreas prioritarias da compañía. Culinaria desenvolve proxectos de vixilancia e control sanitario apoiados en ferramentas de intelixencia artificial, reforzando os sistemas preventivos e optimizando a supervisión de cada fase de elaboración; unha liña estratéxica que sitúa á empresa á vangarda da innovación no sector. Para iso, conta coa colaboración de centros tecnolóxicos de recoñecido prestixio, universidades galegas e empresas tecnolóxicas especializadas, xerando sinerxías que permiten incorporar coñecemento e innovación ao servizo do coidado das persoas.
Detrás de todo iso hai un equipo humano altamente cualificado formado por cociñeiros, nutricionistas e profesionais especializados que traballan cada día cun mesmo obxectivo: que cada persoa sinta mellor coidada a través do que come.
Porque para Culinaria, cociñar é unha forma de coidar das persoas e tamén do territorio que as rodea.

