Rock River Laboratory
Rock River Laboratory Spain, é un laboratorio de servizo analítico para o sector agrícola e gandeiro que se instala no Polígono Industrial de Lalín en xaneiro de 2021. Forma parte dunha ampla rede de laboratorios cuxa sede central está en Wisconsin (Estados Unidos). No caso da base lalinense, está dirixido por María Hermida, a directora xeral para España de Rock River.
O labortorio español está centrado, sobre todo, na análise de forraxes, ensilaxes, pensos e materias primas coa tecnoloxía NIR que achega rapidez e fiabilidade.
Hermida detalla os diferentes estudos que realizan, empezando pola análise de ensilaxes e forraxes, que hoxe en día é unha práctica habitual nas explotacións para un control exhaustivo da ración que reciben os animais cada día.
As explotacións e os seus técnicos tamén necesitan doutras analíticas, por iso Rock River amplía o seu servizo de análise aos microbiolóxicos das ensilaxes, forraxes, pensos e materias primas, “xa que é necesario coñecer se a orixe dos nosos problemas é unha contaminación por microorganismos E. coli, Clostridrium perfringens, os mofos e fermentos ou as Enterobacterias”.
Tamén realizan análise de augas, posto que nunha explotación gandeira é obrigatorio dispor de auga potable, tanto para consumo dos animais como limpeza de equipos, para iso necesitan controlala con análises periódicas.
A análise de terras é outro dos traballos, xa que en Galicia cada día ten máis interese porque, “se partimos dunha análise, podemos equilibrar os nutrientes da nosa leira axeitando o tipo de cultivo que imos sementar”.
Segundo detalla Hermida, estudan o xurro, algo que “producimos nas explotacións, e considerámolo un problema e non valoramos suficientemente o seu valor agronómico porque non o coñecemos”.
A análise de micotoxinas colle relevancia tamén porque cada vez é máis frecuente a aparición nas forraxes e materias primas a aparición de metabolitos como consecuencia da contaminación fúnxica das forraxes.
Finalmente, traballan o procesado do gran (KPS), xa que o silo de millo pasou a ser unha forraxe imprescindible nas ganderías de leite, pero hoxe en día para os gandeiros e técnicos de nutrición é moi importante coñecer o grao de procesamento do gran.
Diferenzas nas analíticas Rock River
A cantidade de información achegada por unha análise de Rock River non ten nada que ver coas análises tradicionais, sobre todo en dous aspectos fundamentais, a dixestibilidade de nutrientes (FND e Amidón) e o perfil fermentativo para coñecer a súa conservación co desenvolvemento dos ácidos láctico, acético e butírico.
Outras das características que destacan de Rock River son a súa rapidez, fiabilidade e confianza.
Ademais, está a disposición de gandeiros e agricultores a título individual, por cooperativas, fábricas de pensos, asesores independentes, asociacións de técnicos etc.
Hermida destaca que a día de hoxe Rock River en Galicia non só recibe mostras de todo España, senón tamén Portugal, Francia, Bélxica, Alemaña etc.

